logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Sesión plenaria da corporación este venres, 6 de novembro
Novembro 5, 2020
O proxecto de rehabilitación da pena dos namorados contempla un mirador na parte máis alta do monumento
Novembro 9, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

Renovado o  sistema hidráulico e lumínico da fonte do monumento "Munten" na praza do emigrante, que permite ata catorce modos diferentes de iluminación



munten

A fonte do monumento “Munten”, do artista carballiñés Xesús Carballido, situada na Praza do Emigrante, conta con novos sistemas hidráulicos e lumínicos, permitindo ata catorce modos diferentes de funcionamento con sete cores fixas e sete secuencias de cores diferentes.

Para a súa posta en marcha elixiuse a modalidade fixa da cor violeta, característica da cocción do pulpo, nunha clara homenaxe á tradición pulpeira do Carballiño.

Trátase dunha iniciativa da concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rita Soto, e que ten por obxectivo renovar as fontes da vila adaptándoas á normativa de eficiencia enerxética, así como a súa posta en valor como elementos de embelecemento das prazas e espazos públicos municipais.

Neste senso, esta fonte é a primeira que conta con todas as medidas medioambientais e de eficiencia enerxética establecidas, e que, polo tanto, está totalmente legalizada.

O proxecto incluiu, no tocante ao sistema hidráulico, a reposición da bomba autoaspirante con filtro, un prefiltro integrado para evitar a entrada de obxectos extraños que puideran dañar as partes hidráulicas, motores protexidos e acondicionados para soportar ambientes calurosos e niveis de humidade elevados, así como electroválvulas de enchido e baleirado. E, no tocante ao sistema lumínico, incorporouse un sistema de cambio de cor con LumiPlus Eco, un pulsador que permite 14 modos diferentes de funcionamento, con 7 cores fixas e 7 secuencias de cores diferentes, así como un cadro de control con interruptor horario.

O custo deste proxecto foi de 4.983,94 euros, sufragado polo concello dentro da partida orzamentaria de mantemento de xardíns da Concellería de Medio Ambiente.

O monumento “Munten”, obra do artista carballiñés Xesús Carballiño, rodeado por un estanque-fonte deseñado polo arquitecto ourensán Fernando Martínez Lamas, autor asimesmo do aparcamento soterrado e das prazas da Alameda e do Emigrante, inaugurouse no ano 2003 e foi restaurado nos anos 2014 e 2017.

O monumento, unha estrutura de ferro recuberta por 600 placas de cobre con signos arcaicos e actuáis grabados a man artesanalmente, alusivos ás culturas das máis de medio cento de cidades e países do mundo onde residen emigrantes carballiñeses, é unha homenaxe á fonda pegada da emigración no Carballiño.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD