logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
A oficina de turismo da alameda permanecerá aberta todos os días ata o mes de setembro
Xullo 17, 2020
O programa integrado de emprego do concello do Carballiño retoma a súa formación presencial
Xullo 20, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

O concello procederá a sancionar aos propietarios de parcelas que sobrepasaron o prazo de cumprimento da normativa de limpeza en prevención dos incendios forestais



O concello procederá a sancionar aos propietarios de parcelas que sobrepasaron o prazo de cumprimento da normativa de limpeza en prevención dos incendios forestais

O 16 de xullo rematou o prazo para que os propietarios de parcelas procedesen á limpeza das mesmas en virtude da aplicación da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia.

Se ben o prazo remataba o 31 de maio, como cada ano, debido ao Estado de Emerxencia pola situación da pandemia do Covid-19, este prazo prolongouse ata o 16 de xullo.

O concello publicou un bando o 25 de maio comunicando a prórroga deste prazo e díuselle difusión a través dos medios de comunicación así como por carta e a través do teléfono, e incluso personalmente, aos propietarios das parcelas sobre a obriga de levar a cabo esta limpeza.

Pese a que a gran maioria dos propietarios cumpriron con esta obriga, hai algúns que non o fixeron e, polo tanto, inciarase o procedemento de notificación e de sanción, se é o caso, a todos os propietarios que non teñan realizado o seu traballo correspondente.

O procedemento é o seguinte: O concello envía a cada propietario dúas notificacións concedendo en cada unha delas un prazo de 15 días para efectuar os traballos que, se non se levan a cabo, dará pé a un expediente sancionador, con multas que oscilan entre os 100 e os 1.000 euros en infraccións leves, e de 1.001 a 100.000 euros nas graves.

Estas notificacións comezarán a enviarse nestes próximos días.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD