Xornadas de folclore
Xornadas
Dende 1984, cada mes de agosto, a provincia de Ourense recibe a visita de músicos e bailaríns de todo o mundo que participan nun proxecto de música e danza chamado Xornadas de Folclore. As vilas máis representativas da nosa provincia son o escenario no que cada verán se dan cita os espectadores e os artistas, embaixadores do folclore dos seus respectivos países. Durante dez días, as máis de catrocentas persoas que reúne cada edición do festival, intercambian a súa música e baile tradicional cos aplausos, hospitalidade, cariño e agradecemento dos nosos paisanos, ao tempo que gozan das paisaxes e monumentos da provincia, así como da súa gastronomía, converténdose dende ese momento en emisarios da nosa terra e da nosa cultura ante o resto do mundo.
A expectación coa que o público agarda a chegada das Xornadas de Folclore é a mellor garantía de continuidade para este festival que xa ten recibido a máis de dez mil artistas procedentes de máis de cen países dos cinco continentes e ao que anualmente asisten, de xeito totalmente gratuíto, unha media de vintecinco mil espectadores.
Contacto
Telf./Fax 0034-
988317880
xornadasfolclore@depourense.es
XORNADAS DE FOLCLORE
Apdo. 484
32080-Ourense - España
Festival 2022
Do 8 ao 18 de Agosto.
As Xornadas de Folclore de Ourense reúnen artistas de todo o mundo para mostrar a súa música, canto, baile e vestuario tradicional. As vilas máis importantes de Ourense recibirán durante estes dez días grupos chegados de América, Asia, África e Europa, convertendo a provincia na capital do folclore.
PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL 2022 EN PROCESO DE ELABORACIÓN
(8-18/08/2022)
Edicións anteriores
Ao longo de vinte e nove edicións, as Xornadas de Folclore recibiron máis de 150 grupos de folclore procedentes dos cinco continentes que deixaron na provincia de Ourense as súas tradicións, as súas músicas, as súas cancións, os seus bailes, todo o colorido do seu vestuario, e por suposto a súa amizade e o recordo duns pobos que traballan por conservar e difundir as súas culturas. A fotografía é, sen dúbida algunha, o mellor medio para conservar o seu recordo entre nós. Con motivo da vixésima quinta edición das Xornadas de Folclore, o Festival editou un libro cunha chea de imaxes, datos e comentarios de participantes homenaxea a todos os que de algún modo fan que cada ano Ourense se convirta na capital do folclore.
Outras actividades
Paralelamente ao Festival «Xornadas de Folclore», a Organización realiza unha serie de actividades complementarias que lle permite por un lado medrar como entidade, como por exemplo colaboracións con outros festivais tanto de España como de Portugal, principalmente os inmediatamente anteriores e posteriores ás datas do festival de Ourense; e por outro lado tamén lle permite manter o interese do público durante todo o ano mediante a realización de exposicións, organización de obradoiros, conferencias, etc.
- Colaboracións con outros festivais e institucións:
- Festival Internacional de Folclore «Ponte de Mouro e Alvarinho»; Monção-Portugal.
- Mostra Folclórica Popular Internacional; Viveiro-Lugo.
- Muestra Folklórica de los Pueblos del Mundo; El Médano, Granadilla de Abona-Tenerife.
- Festival Internacional de Folclore «Cidade da Coruña»; A Coruña.
- Festival Internacional de Folklore en el Segura; Cieza-Murcia.
- CIOFF (Confederación Internacional de Organizadores de Festivales de Folclore).
- CIOFF-España (Sección Española).
- Exposicións
- Obradoiros e Conferencias
Galería e descargas
Nesta sección poderán atopar a cartelería, programas e folletos informativos de todas as edicións das Xornadas de Folclore, así como fotografías e vídeos.