logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
O eixo atlántico impulsará as potencialidades turísticas do Carballiño
Xuño 29, 2020
A escola de música introduce a batucada como nova disciplina para o próximo curso
Xuño 30, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

Veciños, grupos de amigos e familias participaron nunha nova edición da iniciativa “Pon unha foto na rúa”



DSCN0250-2-768×576

A Asociación Fotográfica O´Potiños, en colaboración co concello do Carballiño, organizou este domingo, 28 de xuño, unha nova edición da iniciativa “Pon unha foto na rúa”, que se desenvolveu cun gran éxito, según dixo o presidente do colectivo, Manuel Blanco.

Tratábase de convidar aos veciños da vila, ben individualmente, con amigos ou en familia, a participar nesta experiencia que se celebra a nivel mundial como un acto de promoción da fotografía, deixándose fotografar polos integrantes da asociación.

Para isto, a floristería Arual instalou un set con dúas cadeiras de mimbre e unha decoración naturalista fronte ao monumento á pulpeira da Praza Maior, onde, tras desinfectarse en cada toma, foron posando os protagonistas.

O evento comezou pola mañá e proseguiu pola tarde, ata as 20,00 h.

Estas fotografías serán reveladas posteriormente e comporán unha exposición que se exhibirá en diversos lugares do Carballiño e despois se lles entregará como agasallo ás persoas que participaron.

Como complemento desta actividade, tamén se levou a cabo na mesma praza unha mostra fotográfica dos integrantes da asociación de pasadas edicións e outros eventos fotográficos.

Así mesmo, dende o pasado luns, tamén na parte alta da Praza Maior, exhíbense dezaseis fotografías de gran tamaño, de personaxes do Carballiño, reproducidas en lonas e colgadas en catro expositores. Os retratos chaman a atención pola calidade das fotografías e as súas dimensións.

“Pon unha foto na rúa 2020” é a primeira actividade cultural que se desenvolve no Carballiño desde a declaración da pandemia polo covid 19.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD