logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Bolsa de emprego para operarios de limpeza no Concello do Carballiño
Outubro 7, 2020
O Grumir permanecerá operativo provisionalmente de 08,00 a 15,00h, de luns a domingo, debido ás numerosas baixas da agrupación
Outubro 9, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

Tiruleque suspende as dúas representacións teatrais desta fin de semana correspondentes ao circuito de Teatro Amador e a XIII mostra do Teatro Amador



IMG_20201008_114022-768×576

Tamén se suspenden as actividades programadas polo cCne Club, O´Potiños y la Ínsua dos Poetas.

A situación que se vive por causa da Covid 19, e que mantén á comarca do Carballiño no nivel 2 de restricións, provocou que as asociacións culturais da vila suspendesen as actividades programadas para esta fin de semana. Entre elas, estaban a segunda representación teatral do Circuito Galego de Teatro Amador e o comezo da XIII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”, que ía a desenvolverse o próximo luns.

Precisamente, para dar conta dos cambios nestes dous eventos, comparaceron en rolda de prensa esta mañá o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; a deputada provincial de Cultura, Patricia Torres, e tres integrantes do grupo de teatro Tiruleque.

Diego Fernández aludiu á situación polo coronavirus no Carballiño para xustificar a suspensión dos actos culturais, e amosou o seu desexo de que podan mellorar os datos para proseguir coas actividades.

Patricia Torres, en nome da Deputación Provincial, que copatrocina co concello do Carballiño a Mostra de Teatro Amador, laiouse das circunstancias que acontecen actualmente, e expresou o seu desexo de que a Mostra se poda levar a cabo máis adiante. Dixo que a cultura é necesaria, e que espera que as medidas restrictivas na comarca podan ter un resultado positivo.

Xosé Prada, director de Tiruleque, apelou á petición do concello para suspender as dúas representacións programadas para este sábado, dentro do Circuito Galego de Teatro Amador, e o luns na apertura da XIII Mostra de Teatro Amador.

Asegurou que as actividades culturais desenvólvense con todas as garantías sanitarias de prevención, separación e seguridade, pois o auditorio desinféctase completamente tras cada acto, as butacas están perfectamente sinalizadas e o aforo é menor do 19% da capacidade, polo que son medidas moi estritas de cumprimento das normas preventivas polo coronavirus. Ao respecto afirmou que ningún acto cultural, nin no Carballiño nin en ningún lado, provocou ningún problema de posible contaxio, pois aplícanse normas moi estrictas.

Por isto, dixo que se ben se suspendían estas dúas representacións, en principio se proseguiría coa programación a partir da seguinte fin de semana, e que estas obras encaixaríanse según as dispoñibilidades das compañías e do auditorio municipal.

No mesmo sentido pronunciouse a integrante do grupo Lidya Giselle. Dixo que as representacións teatrais proseguirían o 18, 24 e 31 de outubro, e que Tiruleque ía a estrenar a súa nova obra o día 14 de novembro e o 15 a repetirían.

OUTROS ACTOS CULTURAIS

Tamén se suspende a proxección deste venres do Cine Club, o acto inaugural do Arenteiro Fotográfico, que se ía a celebrar o domingo, e o concerto da Ínsua dos Poetas, co que nesta fin de semana non haberá actos culturais na vila.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD