Servizo de Normalización Lingüística
Praza Maior, 1- 2º andar32500 O Carballiño
Tel. 988530007 (extensión 27)
Mail: snl@carballino.org
Como naceu o Servizo de Normalización Lingüística
O Concello do Carballiño querendo amosar a súa sensibilidade con respecto á lingua galega decide crear un Servizo de Normalización Lingüística; así no ano 1997, grazas a unha achega económica da Xunta de Galicia e a contribución do propio concello, créase dito servizo.
O día 5 de febreiro de 1998 aprobouse inicialmente a Ordenanza de normalización lgca. do e foi publicada no BOP do día 23 de febreiro de 1998.
A pesar de que actualmente depende da Área de Educación, Cultura e Xuventude, ten un carácter eminentemente transversal, polo que colabora constantemente con todos os servizos municipais, con distintos axentes sociais e coa cidadanía en xeral.
Obxectivos de traballo
Todos os traballos están encamiñados a:
- Potenciar o uso da lingua galega.
- Facilitar o desenvolvemento do uso da lingua galega en todos os sectores sociais.
- Sensibilizar e implicar a distintos axentes sociais na dinamización do uso da lingua.
- Apoiar as iniciativas a prol da lingua que xurdan.
- Promover a transversalidade da lingua e implicar no proceso de normalización a todas as áreas do concello.
- Sensibilizar e implicar a distintos axentes sociais na dinamización do uso da lingua.
- Atender as diferentes necesidades para a axeitada promoción da lingua segundo o ámbito rural ou urbano dos distintos lugares deste concello.
Funcións do SNL
O SNL dirixe o seu traballo atendendo fundamentalmente a tres aspectos:
- Cursos de lingua: Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
- Difusión de material de apoio.
Formación:
- Corrección e elaboración de documentos: formularios, actas.
- Elaboración de glosarios de termos.
- Dereitos e deberes lingüísticos.
- Axudas e subvencións para impulsar a lingua galega.
- Asesoramento bibliográfico.
- Difusión de material de apoio.
Asesoramento:
- Campañas de promoción da lingua.
- Elaboración de propostas de dinamización.
- Coordinación con outros servizos de normalización.
Dinamización:
Actividades que realiza e nas que participa
- Cursos de Lingua Galega.
- Campañas de animación á lectura.
- Concertos didácticos de música tradicional.
- Obradoiro de regueifa.
- Obradoiro de instrumentos musicais.
- Obradoiro de cantos de nadal e reis.
- Roteiro Manuel María.
- Contacontos.
- Letras Galegas.
- O Apalpador.
Publicacións
- Ordenanza de normalización lingüística.
- Manual de linguaxe non sexista.
- Os Bolechas: O segredo do Carballiño.
- Manual de educación viaria para 2º ciclo de primaria.
- Outro material de dinamización: adhesivos, carteis…