logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Campaña de apoio aos ximnásios, que abrirán o 23 de novembro
Novembro 17, 2020
La once emitirá un cupón dedicado á festa do pulpo de O Carballiño o 5 de agosto de 2021
Novembro 18, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

Saíron para Madrid as últimas seccións metálicas da ponte de Valdebebas que constrúe o Grupo Dizmar na pranta do Carballiño



valdebebas

Dúas seccións de 160 toneladas e 48 metros, cada unha, das tres que conforman o arco da Ponte de Valdebebas, van camiño de Madrid para completar o viaducto cuxa componente metálica a constrúe o grupo Dizmar na súa pranta do Carballiño. Trátase dun dos transportes especiais por estrada máis importantes dos realizados dende o polígono industrial do Carballiño por esta empresa, xa que cada transporte ten unha lonxitude de 65 metros e precisa unha semana para chegar ao destino, pois, polas súas características, hai tramos nos que non se superan os 10 km/hora. O grupo Dizmar, que rematou recentemente, nun tempo récord de 25 dias, a construcción da estrutura metálica do novo Hospital de Pandemias de Madrid, está a piques de concluir outra das grandes obras que realiza na capital de España, como é a “Ponte singular sobre a M12”, un proxecto de inxeñería de Ideam, de 205 metros de lonxitude e 25 metros de ancho. É un viaducto que conecta o parque de Valdebebas coa nova terminal T4 do aeroporto de Baraxas, A obra está promovido pola Xunta de Compensación do Parque de Valdebebas, e que executa Ferrovial Agromán. O peso total desta ponte é de 2.000 toneladas, e Dizmar suministra as pezas metálicas distribuídas en 36 seccións, que estiveron saíndo da pranta carballiñesa en transportes especiais por estrada. Con esta dùas pezas, a cuxa operación de saída asistiron o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Emprego, Manuel Dacal, tan so resta unha máis para completar este viaducto.

Xunto con esta obra, o grupo Dizmar desenvolve actualmente outros proxectos importantes internacionais, como un viaducto en Ghana (África) e outro en Montevideo (Uruguay), así como unha plataforma de prospección petrolífera en Estados Unidos e o remate dun viaducto en Montreal (Canadá).

Trátase da nova Ponte St. Laurence (Montreal-Canadá), de 3,4 km de lonxitude que inclúe unha ponte atirantada sobre un canal con dous pilonos de 170 m de altura e un tramo central de 240 m.

Asimesmo, entre outros proxectos desenvolvidos nos últimos anos por Dizmar na pranta do polígono industrial do Carballiño, atópanse o viaducto para o tren de alta velocidade sobre o río Ulla e as pezas metálicas do desdobramento da Ponte de Rande, na ría de Vigo.

A pranta de Dizmar do Carballiño conta actualmente cunha plantilla de 200 persoas, e outras 100 máis traballan na montaxe das obras.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD