Publicacións Raigame
Oríxenes
En 1995 saíu á luz o primeiro número de Raigame, Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares, publicación semestral editada pola Deputación de Ourense. Apoiados na grande aceptación que a revista tivo, non só entre o público de Ourense, senón en toda Galiza, foise dando forma a diferentes publicacións relacionadas coa nosa cultura tradicional, que ben pola súa extensión, ben pola importancia, relevancia e calidade, merecían seren editadas dun xeito individual.
Naceu así unha sección de publicacións que se distingue pola súa preocupación e coidado á hora de editar todos aqueles traballos que chegan ás súas mans. Neste afán de divulgar a nosa cultura, a sección de publicacións do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo tamén puxo en marcha un proxecto encamiñado á recuperación da memoria fotográfica e outro co obxectivo de levar aos colexios diferentes propostas pedagóxicas sobre a cultura popular e tradicións galegas.
Contacto
Telf./Fax0034-
988317880
ccpraigamepublicacions@depourense.es REVISTA RAIGAME – PUBLICACIÓNS Apdo. 484 32080-Ourense - España
Revista Raigame
Raigame, Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares.
Como o seu título indica, o campo temático que abrangue a revista Raigame é moi amplo (arquitectura popular, literatura, investigación etnográfica, música, pintura, escultura, etc.) e pretende dar a coñecer todos aqueles traballos que afondan no coñecemento da cultura popular galega. Contando coa colaboración de recoñecidas sinaturas, expertos e estudosos de diferentes temáticas, Raigame ten acadado o recoñecemento de institucións como Universidades, Bibliotecas, Museos, e a súa demanda chega dende todas as partes do mundo, alí onde hai galegos con inquedanzas pola cultura galega.
Memoria fotográfica
A fotografía foi no seu momento unha impresionante innovación tecnolóxica, que permitiu achegar a imaxe, e polo tanto o coñecemento, de mundos afastados a todos aqueles que non tiñan a posibilidade de se desprazaren, que era a grande maioría da poboación. Hoxe en día, cando o viaxar é algo usual, atopámonos con que o único xeito de retroceder no tempo é a través das imaxes que profesionais ou afeccionados tomaron no seu momento e que hoxe son testemuña fidedigna dun pasado que xa nunca volverá. Mediante a recuperación de fotografías, agrupadas ben por comarcas, ben por temáticas, ben por pertencer a autores relevantes, pretendemos deixar constancia dunha historia que nunca atoparíamos en grandes tratados. A historia do día a día dos nosos antepasados.
- COLECCIÓN «MEMORIA FOTOGRÁFICA»:
A Pobra de Trives 1875-1975.
Celanova 1900-1981.
O Barco.
Rizo, tres décadas de imaxes prodixiosas.
Xinzo da Limia.
COLABORACIÓN MEMORIA FOTOGRÁFICA. APORTACIÓN DE MATERIAL: Toda persoa interesada en colaborar na Memoria Fotográfica da nosa provincia, poderá poñerse en contacto cos editores.
Propostas pedagóxicas
Coa intención de que a cultura e as tradicións populares do noso país tomen maior peso nos proxectos curriculares dos colexios dos nosos nenos, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo edita e distribúe unha serie de publicacións orientadas ao profesorado con información e propostas de ideas de traballo para aplicar ao longo do curso, e facer que todo aquilo que os nenos de hai 40 anos coñecían de xeito natural (por viviren nun medio rural en plena actividade) lles chegue aos de hoxe, na súa grande maioría descoñecedores de todas aquelas actividades e de aquel modo de vida.
Os traballos están clasificados en diferentes seccións segundo a súa temática (pódense descargar en pdf pinchando no seu título):
Outras publicacións
O servizo Publicacións Raigame traballa na publicación de títulos relacionados coa antropoloxía e etnografía galegas, así como a reedición de obras descatalogadas de autores referentes como Xaquín Lorenzo Fernández e outros ilustres da cultura da nosa terra.
Obras de investigación, como os dous volumes das Danzas Gremiais e Procesionais da Provincia de Ourense, ou Cancioneiros Populares de diferentes comarcas da nosa provincia, xunto con outras obras sobre arquitectura popular, etc., que pola súa extensión non teñen cabida na Revista Raigame, son editadas cun especial coidado.
Parroquia de Velle
Catálogo, distribución e prezos
Todas as publicacións da Deputación, unha vez presentadas oficialmente, son distribuídas desde a institución de forma gratuíta a todas as institucións públicas da provincia que posúan un punto de lectura. Desta maneira os nosos títulos están en todas as bibliotecas da provincia e dependendo da tirada, son tamén distribuídos a colexios e institutos provinciais e tamén a todos aqueles centros cos que a biblioteca provincial mantén intercambio de publicacións. Así, os nosos libros están ao alcance de todas as persoas que necesiten consultalos.
A Deputación, distribúe tamén un 20% da súa edición propia de forma comercial. Somos conscientes da dificultade que supón para unha editorial pública facilitar o coñecemento da súa produción editorial e por isto é conveniente que se saiba que todas as publicacións da Deputación, que non están esgotadas, encóntranse dispoñibles nas librerías, ás que chegan a través das dúas distribuidoras coas que traballamos.
Fax: 986262734 Fax: 918719399 C.electrónico:pedidos@editorialgalaxia.com www.egartorre.com
LISTADOS DE PREZOS
ARQUITECTURA POPULAR OURENSÁ | 25€ |
CANCIONEIRO POPULAR DA PROVINCIA DE OURENSE (VOL. I) | 20€ |
CANCIONEIRO POPULAR DA PROVINCIA DE OURENSE (vol II.) | 20€ |
CANTIGUEIRO POPULAR DA LIMIA BAIXA | 20€ |
DANZAS GREMIAIS E PROCESIONAIS DA PROVINCIA DE OURENSE. (VOL. I) | 20€ |
DANZAS GREMIAIS E PROCESIONAIS DA PROVINCIA DE OURENSE. ( VOL. II) | 20€ |
PARROQUIA DE VELLE | 30€ |
XINZO DE LIMIA. IMAXES PARA A LEMBRANZA | 20€ |
CELANOVA 1900-1981. MEMORIA FOTOGRÁFICA | 20€ |
O BARCO 1885-1969. MEMORIA FOTOGRÁFICA | 20€ |
XOSÉ VÁZQUEZ ARIAS RIZO. TRES DÉCADAS DE IMAXES PRODIXIOSAS | 20€ |
A POBRA DE TRIVES. 1875-1975 | 20€ |
Iva incluído