Préstamo de xogos populares

Préstamos

O Obradoiro de Xogos Populares do CCP Xaquín Lorenzo conta cunha serie de xogos tradicionais que poderán ser cedidos ás diferentes entidades públicas ou privadas que o soliciten segundo a disponibilidade do material. Para elo, deberán presentar no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense unha solicitude de préstamo na que se faga constar o organismo que require o material, nome e contacto do responsábel, a actividade que se pretende realizar, a data de celebración, o lugar e que material desexaría. Algúns destes xogos contan cunha Proposta Pedagóxica que se pode descargar en formato PDF e onde se explican as diferentes regras e modalidades de xogo.

Listado de xogos populares:

A ra, a chave, a porca, a billarda, os sacos, os zancos, os aros, os bolos, a turra-soga, as buxainas, a comba.