Dende o Departamento de Persoal do Concello do Carballiño xestiónase principalmente o relativo á relación laboral do persoal funcionario e do persoal laboral, destacando entre outras tarefas as relativas a:
Xestión e réxime do persoal ao servizo da Corporación: selección, provisión, destinos, situacións administrativas, permisos e licenzas, substitucións, incompatibilidades, réxime disciplinario, nóminas e retribucións, dereitos e deberes, horarios e xornada de traballo, Seguridade Social…
Confección de nóminas.
Coordinador da Formación do persoal.
Xestión dos contratos do persoal laboral.
Xestión de listas de espera e bolsas de traballo.
Transmisión de partes de Incapacidade Temporal.
Tramitación de partes de accidentes laborais e enfermidade profesional.
Encargado de relacións coa mutua de accidentes.
Xestionar a relación de Postos de Traballo.
Réxime interior, seguridade e movilidade
Coordinación da Policia Municipal, Protección Civil e Tráfico