logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Instalados os novos guardacontenedores con imaxes turísticas do Carballiño no entorno da Praza da Mina
Decembro 1, 2020
Teatro infantil “MAI MAI”
Decembro 9, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

Os establecementos xa poden adherirse ao programa de tarxetas bono "o Carballiño contigo"



Os establecementos xa poden adherirse ao programa de tarxetas bono “o Carballiño contigo”

O prazo para formalizar a pargticipación estará aberto dende o 1 ao 15 de decembro.

Tras asinarse o convenio de colaboración entre a Área de Promoción Económica do Concello do Carballiño e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, o programa de tarxetas bono “O Carballiño Contigo” para a reactivación da economía local, bota a andar coa apertura do prazo de inscrición para os establecementos interesados en participar.

O prazo de participación estará aberto dende o 1 de decembro ata o 15 de decembro, e as inscricións realizaranse a través da web ocarballinocontigo.com. Calquera consulta ou dúbida relacionada co programa atenderase exclusivamente a través do correo electrónico info@ocarballinocontigo.com.

A participación obriga aos establecementos a colocar os materiais informativos da campaña nun lugar visible dos mesmos, a utilizar a imaxe oficial do programa en calquera publicidade ou promoción que realicen e a comunicar á Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto calquera incidencia ou mal uso dos bonos que poidan observar nas súas instalacións.

Unha vez remate o prazo de adhesión dos establecementos, abrirase o período de distribución das tarxetas bono “O Carballiño Contigo” para todas as persoas maiores de 18 anos. A veciñanza poderá adquirir, previo pago de 25 €, unha tarxeta bono de 50€ por persoa presentando o seu DNI, implicando deste xeito a toda a poboación activa na reactivación da economía local.

Ademais de aplicar un criterio de universalidade social local, xa que os bonos estarán a disposición de todas as persoas maiores de idade, o programa contribúe a fomentar a economía circular, porque só serán válidos no Carballiño; a reactivar a economía, porque poderán gastarse nas empresas afectadas pola declaración do estado de alarma, e a implicar a toda a cidadanía no reto da reactivación e o consumo local.

A campaña terá un gran impacto na vila, xa que se distribuirán un total de 2.000 tarxetas e poden participar todas as empresas excepto os espazos de gran distribución destinados á alimentación (hipermercados), as estacións de serrvizo de combustible e as salas de xogo/apostas; e ademais, dado que haberá que gastar os bonos nun prazo determinado , garántese a recuperación do consumo a curto prazo.

A maiores, a iniciativa persegue a sensibilización da poboación máis nova co consumo de proximidade fronte ás grandes superficies e a venda online e ofrece ás empresas participantes a oportunidade de fidelizar a súa clientela.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD