logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
O concello reúnese co sector comercial, hostaleiro e empresarial para perfilar as axudas e a folla de roteiro a seguir co obxectivo de reactivar a economía tola
Maio 7, 2020
Apertura do servizo de préstamo de libros na biblioteca municipal
Maio 11, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

Os empresarios do polígono industrial e parque empresarial comunican ao concello que están a adoptar todas as medidas de seguridade para evitar posibles contagios polo covid-19



IMG-20200508-WA0001-768×576

O concello do Carballiño pechou hoxe o ciclo de reunións que está a manter con representantes do tecido económico da vila, para coñecer as principais inquietudes e necesidades destes sectores na actual situación de desescalada polo control da propagación do covid-19.

Onte reuniuse cos comerciantes e hostaleiros, e esta mañá a quenda correspondeulle aos empresarios do polígono industrial da Uceira e do parque empresarial.

A esta reunión, que tivo lugar no salón de plenos do concello, asistiron, por parte do concello, o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Promoción do Emprego, Manuel Dacal, así como e a concelleira de Comercio, Silvia Varanda. Por parte do sector, estiveron o presidente da Asociación de Empresarial do Polígono da Uceira, Manuel Carballeda; o xerente de GRI Towers Galicia, Cándido González, xunto con outro directivo da empresa; e o xerente da empresa DIZMAR, Carlos Rivas.

Tamén asistiron as asesoras laborais do concello e o representante da empresa Infoxiro.

Os empresarios comunicaron que están a adoptar todas as medidas de seguridade para evitar posibles contagios polo covid-19, e expresaron a necesidade de que as administracións públicas competentes deben especificar mellor as normativas para as empresas neste período de desescalada polo control da propagación do virus.

Tamén se analizou a posbilidad de que por parte das administracións públicas póidanse conceder axudas para instalar cabinas de ozono para a desinfección, co obxectivo de incrementar as medidas de prevención nas empresas.

Así mesmo, acordaron co concello intensificar a limpeza da contorna e delimitar mellor as zonas de aparcamento próximas ás rotondas para facilitar os xiros dos grandes vehículos de transporte. Tamén se acordou intensificar a eliminación de niños das avespas velutinas, que están a proliferar nesta primavera.

PRODUCIÓN AO CENTO POR CENTO Por outra banda, os xerentes tanto de GRI Towers Galicia como de Dizmar, que son as dúas grandes factorías do polígono e parque empresarial do Carballiño, e que contan cos persoais de traballadores máis numerosas, aseguraron que neste momento, e a pesar da pandemia mundial que se está padecendo, atópanse nun punto álxido da súa produción, e que mesmo precisan máis persoal cualificado, polo que insistiron na necesidade de seguir desenvolvendo cursos de formación encamiñados a cubrir esta deficiencia.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD