logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Reunión este xoves, 12 de marzo, cos veciños de flores para informar sobre o control de acceso de vehículos ao barrio
Marzo 11, 2020
A Insua dos Poetas acollerá o 17 de marzo a VIII celebración da árbore, a auga e a poesía
Marzo 11, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

O concello tramita ante patrimonio o traslado do cruceiro do torrón, que está en perigo de derrube polo dano sufrido tras o temporal de finais de decembro



IMG-20200306-WA0005-768×1024

O forte temporal acaecido o 21 de decembro pasado, e que provocou a caída dun piñeiro de grandes dimensións sobre a estrada entre O Carballiño e Ribadavia, á altura do Torrón, non só deixou cortado este vial unha boa parte da noite, senón que afectou á base do cruceiro que se atopa na beira do monte onde tivo lugar o incidente.

Ante o perigo de derrube do cruceiro, a Concellería de Medio Rural, que dirixe Rosa Fuentes, leva realizando hai tempo os trámites pertinentes ante Patrimonio para proceder ao seu traslado a outra ubicación. Entre estes trámites figura un informe documentado que lle foi encargado pola concelleira ao historiador e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, e que acaba de rematar.

Polo tanto, agárdase que en breve se consiga a autorización para trasladar o cruceiro de lugar sen que sufra ningún dano e contribuir así á súa preservación. Estúdanse varias ubicacións posibles, e para isto mantéñense conversas cos veciños.

Dase a circunstancia de que este cruceiro xa fora trasladado nos anos 90 do seu emprazamento orixinal a raíz da construcción do Eixo do Ribeiro, e, de feito, dende aquela ubícase nun monte que é propiedade privada.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD