logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
O 29 de xullo remata o prazo de presentación de ofertas para a explotación do Muíño das Lousas
Xullo 14, 2020
O museo etnográfico do Arenteiro permanece aberto as fins de semana en horario de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,00 h
Xullo 16, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

O Concello programa unha vintena de actos culturais con aforo limitado e medidas de seguridade polo covid 19 ata finais de agosto



IMG_20181112_114400-768×576

Cine e espectáculos infantis, familiares e de adultos, teatro, musicais, concertos de grupos locais, maxia e monicreques desenvolveranse ao aire libre no anfiteatro da Veracruz, Praza Maior e explanada dos Irmáns Prieto no parque municipal.

A programación cultural deste verán 2020 no Carballiño está condicionada polas medidas sanitarias de seguridade, separación e prevención polo covid 19, e por eso realizaranse ao aire libre, con aforo limitado e cumprindo escrupulosamente a normativa establecida para este tipo de actos.

Así, os espazos estarán pechados con vallas, haberá sillas, deberase acudir con mascarilla e lavarse as mans con hidroxel á entrada aos recintos. O aforo será limitado e desinfestarase o espazo e as sillas antes de cada actividade.

Para elaborar este programa pensouse sobre todo nos nenos e no público familiar, así como nos adultos, coa intención de ofrecer unha alternativa de lecer para este verán pero tendo sempre en conta o cumprimento das medidas preventivas establecidas, para garantir a seguridade dos asistentes.

As actividades comezarán esta fin de semana e desenvolveranse ata finais do mes agosto.

Espectáculos infantís e familiares, concertos de bandas e solistas locais, monicreques, teatro, maxia e un ciclo de cine no que se proxectarán catro películas, desenvolveranse en tres lugares diferentes, dependendo do tipo de acto: Praza Maior, Anfiteatro da Veracruz e Explanada dos Irmáns Prieto no parque municipal.

O ciclo de Cine na Rúa abrirase coa última película de Ignacio Vilar, María Solinha. Seguiralle a película de animación La gallina turuleca. E proxectaranse dúas das mellores e más premiadas películas do cine europeo e americano do último ano, como son Los Miserables e Joker.

VERÁN CULTURAL 2020

Xullo

14, 15 e 16 de xullo ás 22,30 h na Baixada a Flores

FLORES DE CINE

14 de xullo – ¿QUÉ FUE DE BABY JANE?

15 de xullo – Vídeo poemas de Quico Valeiras – 1984

16 de xullo – EL HOMBRE DEL BRAZO DE ORO

17 de xullo ás 20,00 h na Praza da Veracruz (Público familiar)

A TRASTENDA DOS CONTOS (RDL) – CONTOS AO PÉ DA RÚA

18 de xullo ás 21,30 h na explanada do Parque municipal (Público infantil e familiar a partir dos 5 anos)

MAR ROJO TEATRO (RGTA) – AZUL E A REVOLUCIÓN DAS CORES

19 de xullo ás 20,00 h na explanada do Parque municipal (Público infantil e familiar)

TROULA (RGTA) – UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA

23 e 30 de xullo ás 22,30 h na Praza Maior

CINE NA RÚA

Día 23 de xullo – MARÍA SOLINHA

Día 30 de xullo – LA GALLINA TURULECA

24, 25 e 26 de xullo na Praza da Veracruz

CICLO DE MÚSICA “FEITO NO CARBALLIÑO”

Día 24:

QUARTET MAY JAZZ ás 20,00 h

DJ TIBU ás 21,00 h

Día 25:

CANELA CAFUNÉ ás 11,30 h

BAHÍA AZUL ás 19,30 h

CONCERTO ROBERTO SOBRADO (RGTA) – ELECTRO-TRAS-NÓS ás 20,30 h

LA REINA DEL BUDÚ ás 21,30 h

SUSSIE Q´s ás 22,30 h

Día 26:

SKADELOS ás 19,30 h

SUEÑOS DE ÍTACA ás 20,30 h

IMPOSSIBLUES ás 21:30 h

31 de xullo na Praza da Veracruz

TALÍA TEATRO – VOA, VOA ás 11,30 h (RDL) Público familiar

CONCERTO DE CALDO (RGTA) ás 20,00 h

CONCERTO DE ISIDRO TRÍO ás 21,00 h

Agosto

1 de agosto na Praza da Veracruz

CHARLATANA (RGTA) – “PETER PUNK CHUNGO QUE TE CAGAS” ás 11,30 h

MAGO TETO (REAOU) – “ALQUIMIA” ás 19,00

2 de agosto na Praza da Veracruz

MONICREQUES DO KUKAS (RGTA) – O ENCORO ENMEIGADO NAS FRAGAS DO EUME ás 11,30 h

CONCERTO INFANTIL XOAN CURIEL (RGTA) – “A CASA DO TERROR” ás 19,00 h

6 e 13 de agosto ás 22,30 h na Praza Maior

CINE NA RÚA

Día 6 – LOS MISERABLES

Día 13 – JOKER

8 de agosto ás 20,00 h na Praza Maior

PERCUCAR

Do 17 ao 21 de agosto ás 19,30 h na —————————————————————–

XII FESTIVAL DE TÍTERES (Colabora Deputación provincial de Ourense)

Día 17: FILIPA COS CONTOS – Títeres Bandullo Azul

Día 18: GYROVAGUS + obradoiro de monicreques – Micromina Títeres

Día 19: XAN DAS ONDAS + obradoiro de monicreques – Barafunda

Día 20: O SHOW DE BARALLOCAS – Marionetas Trécola

Día 21: ESTRAFALARIA + xornada de xogos – Xarope Tulú

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD