logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
No día mundial do medio ambiente, dedicado á conservación da biodiversidade, o concello destaca o esforzo realizado no mantemento dos espazos naturais
Xullo 5, 2020
O director de cine Ángel de la Cruz e o actor Luis Zahera gravan hoxe no Carballiño o programa “Sen código postal” para a TVG
Xullo 8, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

O concello cambia a celebración da festa do pulpo por unhas xornadas gastronómicas na vila entre o 3 e o 9 de agosto, co pulpo á feira como protagonista



IMG_20180806_132021-1-1-768×432

A Festa do Pulpo do 2020 non se celebrará como tal, senón que se cambia por unas xornadas gastronómicas na vila entre o 3 e o 9 de agosto, nas que o protagonismo seguirá recaendo no pulpo ao estilo feira, que se poderá degustar nos bares, mesóns e restaurantes do casco urbano, que ofrecerán un menú típico da Festa do Pulpo, como é a carne ao caldeiro e empanada, ademais doutras posibles ofertas culinarias da hostalería local.

De feito, durante esa semana, o concello autorizará a instalación de postos de pulpo nas rúas e prazas da vila, dun modo semellante a como se fai os días de feira, e incluso se permitirá algún emprazamento máis, co obxectivo de facilitar que as persoas que desexen degustar o pulpo no Carballiño o podan facer calquera día desa semana, evitando posibles aglomeracións.

Coa finalidade de garantir a separación de seguridade, así como o cumprimento da normativa sanitaria polo covid 19, recoméndase reservar mesa nos establecementos hostaleiros da vila para calquera día da semana, sobre todo o venres, 7 de agosto, o sábado, 8 de agosto, e o domingo, 9 de agosto.

Precisamente, estes tres últimos días son os que haberá un maior número de pulpeiros e pulpeiras cocendo na rúa e prazas da vila, tal e como o manifestaron durante a reunión que mantiveron este pasado luns cos concelleiros de Turismo e Cultura, Manuel Dacal e Diego Fernández, respectivamente.

Onte á tarde tamén convocaron outra reunión co sector hostaleiro para falar do menú que se ofertará durante eses días, así como para garantir o cumprimento da normativa en materia de separación e prevención, e promover as reservas de mesas.

Durante esa semana tamén haberá actos culturais de pequeno formato, tanto infantís como para adultos, con aforo limitado a 150 persoas, que terán lugar na Praza Maior, no entorno da Veracruz e na explanada do Parque Municipal, con cadeiras desinfectadas e nos que se cumprirán estrictamente as medidas de separación e prevención sanitaria establecidas para este tipo de actos, como levar mascarilla e lavar as mans cunha solución hidroalcólica á entrada. Pese a celebrarse ao aire libre, estes recintos estarán acotados por vallas.

Cine, teatro e música, con preponderancia dos grupos locais, permitirán manter viva a actividade cultural no Carballiño, pero evitando calquera tipo de aglomeración.

Neste sentido, compre destacar que non se permitirá o consumo de bebidas fóra das terrazas ou do interior dos locais hostaleiros, e gardando sempre as medidas de separación e prevención establecidas, quedando totalmente prohibido a instalación de barras no exterior dos locais ou de columnas de sonido, como se solía facer na víspera da Festa do Pulpo.

A Policía Local velará polo cumprimento desta prohibición, así como de que se organicen “botellóns” pola mocidade, que non se permitirán en ningún caso.

Ao non celebrarse a Festa do Pulpo do 2020 como tal, tampouco terá lugar ningún dos actos programados nos anos anteriores, como son a elaboración da tapa xigante de pulpo, nin a Festa das Camisetas, entre outros.

Con estas medidas, o concello pretende apoiar á hostalería e ao comercio local, así como ao sector do pulpo, durante a primeira semana de agosto, pero garantindo en todo momento o cumprimento estricto das medidas de separación e prevención establecidas.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page