logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
O concello espera poder desenvolver todas as actividades previstas pola celebración das letras galegas en outubro, coincidindo coa nova data establecida pola Real Academia Galega
Maio 16, 2020
O concello instala na Insua dos poetas un panel informativo sobre o roteiro dos muíños do río Pedriña
Maio 18, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

O Carballiño consolídase como o segundo municipio máis poboado da provincia ao conseguir un padrón de 14.089 habitantes



IMG_20200517_115944-768×425

O municipio do Carballiño consolida a segunda praza como municipio máis poboado da provincia, tras conseguir un padrón ao 1 de xaneiro de 2020 de 14.089 habitantes, 62 habitantes máis que os que figuraron no padrón do ano anterior.

O dato foi comunicado polo Instituto Nacional de Estatística, e ten carácter provisional, pois aínda que queda por abrirse o período de alegacións, no que o servizo do padrón do concello do Carballiño espera incrementar o número de persoas empadroadas.

Dáse a circunstancia de que, segundo os datos de Estatística, o municipio carballiñés é o único que conseguiu incrementar a poboación neste último ano, superando amplamente a outros municipios, como Verín, que hai dous anos ocupaba o segundo posto provincial, e que agora ten 13.647 persoas empadroadas, ou O Barco, cuxo padrón é de 13.431 habitantes.

Diversas circunstancias contribúen a este crecemento. Entre elas, están a chegada de inmigrantes, sobre todo procedentes de Venezuela, ou a puxanza do sector industrial do Polígono da Uceira e o parque empresarial, sobre todo no relativo á oferta de emprego de grandes empresas, como son GRI Towers e DIZMAR, e a outras medianas e pequenas empresas instaladas na zona industrial.

Pero tamén contribuíu a este incremento poboacional o traspaso de habitantes de concellos lindeiros da comarca, debido á oferta educativa, ao comercio e á hostalería locais, así como aos servizos municipais cos que conta o concello, como son as escolas deportivas, o conservatorio e a escola de música, entre outros.

Tamén adquiren relevancia os programas de formación encamiñados a mellorar a empregabilidade das persoas desocupadas.

Son un conxunto de factores, ademais dos nacementos, que axudan a consolidar este período de claro crecemento da poboación do municipio do Carballiño. Un período que comezou o pasado ano, onde se conseguiu un padrón de 14.027 habitantes, e que continúa leste, con 14.089 habitantes, tras varios anos de caída. Unha tenencia positiva que contrasta coa tendencia negativa anterior e a que mostran o resto dos municipios máis importantes da provincia.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page