logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
A parada de taxis da Alameda regresa á sua ubicación habitual, polo comezo do transporte escolar
Setembro 9, 2020
O Cine Club abre a nova tempada este venres coa película española “Intemperie”
Setembro 11, 2020
Categories
  • Cultura-gal
Tags
 

O 5º festival "Outros países, Outras músicas" congrega este sábado no Templo da Veracruz aos coros Campo Lameiro, Ludus Tonalis e Música Viva



IMG_20200910_114040-768×576

A Coral Polifónica Campo Lameiro, de Pontevedra; o Coro de Cámara Ludus Tonalis, da Coruña, e o Coro de Cámara Música Viva do Carballiño, conforman o cartel do 5º Festival Outros Países, Outras Músicas, que promove o coro Música Viva, en colaboración co Concello do Carballiño, a Deputación Provincial de Ourense e a Federación de Corais de Galicia.

O evento celebrarase no templo da Veracruz este sábado, 12 de setembro, ás 20,30 h., e contará con todas as medidas de separación e seguridade polo coronavirus.

Ao respecto, o presidente do Coro Música Viva, Antonio Rey Cornide, asegurou que se establece un protocolo estricto, como é gardar a distancia entre coralistas de 1,5 m, e entre os coros e o público de 3 m, así como o uso de xel hidroalcólico para o lavado de mans do público, uso de máscara e separación.

O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e Antonio Rey Cornide.

Diego Fernández destacou a consolidación deste festival no calendario cultural do Carballiño, así como o feito de que se poidan escoitar músicas de todo o mundo nun marco inigualable como é o Templo da Veracruz. Agradeceu e felicitou ao Coro Música Viva polo labor que desenvolve e, sobre todo, polo esforzo que supón organizar este festival en tempo de pandemia. Ao respecto destacou o protocolo minucioso de prevención establecido pola organización.

Antonio Rey amosou o seu orgullo de que O Carballiño poida presumir de festival, que cada ano eleva a calidade dos coros participantes. Neste senso destacou ao coro Campo Lameiro, dirixido por Sofía Bouzada Pérez, cun bagaxe importante dentro e fóra de Galicia, a ao Coro de Cámara Ludus Tonalis da Coruña, dirixido por Ruper Twine, ademais do coro Música Viva, que dirixe Miguel Sáez Sotelo.

Son formacións de cámara de arredor de 12 ou 13 membros, o que facilita a separación entre cantores para poder gardar a distancia establecida no protocolo de prevención e seguridade ante o covid 19.

Os tres coros interpretarán seis temas cada un, que serán moi variados, contribuindo a que o festival sexa ameno.

Share

Related posts

Maio 21, 2022

Bo día familia y Divertiño. Plazo de inscripción do 23/05 ao 03/06


Read more
Abril 30, 2022

Teatro INFANTIL “Carabela” o 07/05/2022


Read more
Decembro 11, 2021

O cine club proxecta este venres e sábado a película Islandesa “Un blanco, blanco día”


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page