A Escola Provincial de Danza celebra o Festival Fin de Curso no auditorio do Conservatorio de Música de Ourense o venres 17 de xuño ás 20.00 h. Con esta actuación na que participarán os diferentes grupos da Escola (uns cen artistas de todas as idades realizarán un espectáculo de música, canto e baile tradicional), péchase a actividade lectiva do curso 2021-2022, ano no que pouco a pouco se volveu á normalidade despois de dous anos condicionados pola pandemia da Covid-19, e nos que a actividade artística se reduciu a unhas cantas actuacións en Bande, en Armamar (Portugal), en Requeixo de Grou-Lobios, e na cidade de Ourense.
Rematado o curso, a actividade da Escola de Danza-Castro Floxo continuará durante os meses de verán, con diferentes actuacións pola provincia (C. Caldelas, Bande, Monterrei, Allariz…) e festivais de folclore de Portugal.