Escola provincial de danza

Escola Provincial de danza - Castro Floxo

 A partires da estrutura do Grupo de Danzas Castro Floxo, a Deputación de Ourense decidiu crear en 1984 a Escola Provincial de Danza, que hoxe conta máis de 1500 compoñentes sumando a súa sé central e as diferentes delegacións de toda a provincia de Ourense.

Dende os cinco anos, idade mínima para ingresar na Escola, os alumnos participan nun proceso de aprendizaxe que comeza traballando a psicomotricidade, a orientación espacial e o sentido do ritmo, para pouco a pouco ir avanzando cara elementos cada vez máis complexos do folclore galego, até chegar a mostralo en toda a súa autenticidade: a música, as cancións, os bailes, as tradicións e o traxes populares son postos en escena para dar unha imaxe global do noso folclore, con todas as súas riquezas e variedades.

 

Contacto

Telf./Fax
0034-988317880

ccpescoladanza@depourense.es
ESCOLA PROVINCIAL DE DANZA
Apdo. 484
32080-Ourense - España

Clases

A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo ofrece clases de danza, canto e pandeireta e gaita a todos os niveis. Os alumnos pódense matricular durante os meses de Xuño e Setembro nas oficinas ubicadas nas lagoas. 

  •  HORARIOS:
    – CLASES DE DANZA: de Luns a Venres, de 18.00 a 21.00
    – CLASES DE CANTO E PANDEIRETA: de Luns a Venres, de 18.00 a 21.00
    – CLASES DE ACOMPAÑAMENTO MUSICAL PARA GRUPOS DE BAILE: Venres, de 19.00 a 21.30
  • Localización
Contacto

Telf.988317880

ccpescoladanza@depourense.es
Centro Comercial “As Lagoas”
Pza. Daniel González – As Lagoas 32004-Ourense
Contacto

Telf./Fax 0034-988317880​

ccpescoladanza@depourense.es
ESCOLA PROVINCIAL DE DANZA Apdo. 484
32080-Ourense – España

Actuacións

Todas as actuacións que realiza a Escola Provincial de Danza-Castro Floxo, tanto na Galiza coma nos Festivais Internacionais de Folclore de todo o mundo nos que participa, son un tributo a todas aquelas persoas que souberon conservar e transmitir o noso patrimonio cultural e que dise modo, axudaron a que hoxe sega vivo.

O repertorio da Escola Provincial de Danza-Castro Floxo procede das ensinanzas aportadas pola xente maior das pequenas aldeas galegas, preservando o seu estilo e sentimento. Todas as variantes musicais e bailes populares galegos (muiñeiras, jotas mazurkas, pandeiradas, carballesas, danzas procesionais e gremiais, etc) son interpretados cunha ampla e variada colección de traxes; dende o máis simple traxe de labrego até o máis elaborado e adornado traxe de gala de muller, confeccionados seguindo exemplos doutros traxes antigos, ben orixinais, ben copias de fotografías. A música é interpretada cos instrumentos tradicionais galegos: gaitas, acordeóns, bombos e tambores, e pandeiretas, que é o principal instrumento que acompaña as voces nas cancións.

Vestuario

A colección de traxes da Escola Provincial de Danza-Castro Floxo é produto dun traballo de investigación e recompilación de datos e pezas antigas, elementos dos que se partiu para a súa reprodución. Hoxe conta con máis de 100 traxes diferentes que son mostrados nas actuacións do grupo, en exposicións e publicacións.

Traxes da escola

Pezas antigas

Exposicións

Contacto

Telf./Fax 0034-988317880

ccpescoladanza@depourense.es
ESCOLA PROVINCIAL DE DANZA Apdo. 484
32080-Ourense – España

A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo da Deputación de Ourense trata de mostrar o verdadeiro folclore galego en toda a súa autenticidade: a música, as cancións, os bailes, as tradicións e o traxes populares son postos en escena para dar unha imaxe global do noso folclore, con todas as súas riquezas e variedades.

A partires da estrutura do Grupo de Danzas Castro Floxo, a Deputación de Ourense decidiu crear en 1984 a Escola Provincial de Danza, que hoxe conta máis de 1500 compoñentes sumando a súa sé central e as diferentes delegacións de toda a provincia de Ourense. Dende os cinco anos, idade mínima para ingresar na Escola, os alumnos participan nun proceso de aprendizaxe que comeza traballando a psicomotricidade, a orientación espacial e o sentido do ritmo, para pouco a pouco ir avanzando cara elementos cada vez máis complexos do folclore galego.

Todas as variantes da música e da danza popular galega: muiñeiras, jotas, mazurkas, pandeiradas, carballesas, danzas procesionais e gremiais, son interpretadas cunha grande variedade de traxes, dende o máis simple ao máis elaborado, espectacular e todos eles orixinais. A música é interpretada cos instrumentos tradicionais galegos: gaitas, acordeóns, tambores, bombos e pandeiretas, que son os principais instrumentos que acompañan ás voces nas cancións.

As danzas que interpreta a Escola Provincial de Danza-Castro Floxo foron tomadas dos anciáns das nosas pequenas aldeas, conservando o sentimento e o estilo que eles lles daban. Todo isto constitúe unha importantísima colección de arte, cultura e tradicións populares do noso país.

A Escola Provincial conta cun equipo de investigación que ten a misión de recompilar o material etnográfico: música, bailes, traxes, oficios, xogos, gastronomía…; este material é clasificado e arquivado, estudado para ser mostrado ao público nas actuacións e publicado e divulgado nas periódicas publicacións que o Centro de Cultura Popular coordina.