Congresos, conferencias e exposicións
Introducción
Coa intención de facer de nexo entre a poboación, a cultura popular e a comunidade académica, o Centro de Cultura Popular participa dun xeito activo na organización de congresos, conferencias e exposicións relacionados coa cultura da nosa terra. O Congreso do Patrimonio é o evento máis destacado, dende o cal se fai unha análise detallada da cultura tradicional galega legada polos nosos ascendentes. Pero o Centro tamén colabora coa difusión da nosa tradición organizando exposicións sobre a vestimenta e oficios tradicionais, así como ofrecendo conferencias sobre os máis diversos temas relacionados coa cultura popular, e participando tamén en proxectos de outras organizacións. Coa colaboración de antropólogos, historiadores, profesores, investigadores e estudosos, e a través de todas estas actividades, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo pretende facer a todos máis próximo o familiar noso rico patrimonio tanto material como inmaterial.
Contacto
Telf./Fax 0034-
988317880
ccpxaquinlorenzo@depourense.es
CENTRO DE CULTURA POPULAR “XAQUÍN LORENZO FERNÁNDEZ”
Apdo. 484
32080-Ourense - España
Congreso de patrimonio
No ano 2003 o CCP Xaquín Lorenzo, en colaboración coa Faculdade de CC. da Educación da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), organizou o I Congresos de Patrimonio Etnográfico Galego, tendo como tema central a figura do etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas. Nel participaron etnógrafos, antropólogos, historiadores, arquitectos, profesores, conservadores de museos, avogados, médicos e empresarios, que deron luz sobre a figura de Lorenzo Fernández, a situación do noso patrimonio cultural e o seu futuro. O éxito deste primeiro congreso deu pé a que máis adiante se repetira tratando outros temas como o patrimonio cara o S. XXI, o Entroido ou Camiño de Santiago.
Actas dos catro Congresos sobre o Patrimonio Galego realizados até o momento:
- I Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. In memoriam Xaquín Lorenzo Fernández.
- II Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. O patrimonio no Século XXI.
- III Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. O ciclo do Entroido. Galería de fotos.
- IV Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. Os camiños de Santiago.
- V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. O afiador e outras técnicas artesanis de comunidades rurais.
O CCP Xaquín Lorenzo e a Faculdade de CC da Educación do Campus de Ourense-Universidade de Vigo, xunto coa Asociación Ben-Cho-Shey, Nova Escola Galega e a Sociedade Iberoamericana de Pedagogía Social organizaron o V Congreso de Patrimonio Etnográfico (II internacional) que nesta edición, baixo o título O afiado e outras técnicas artesanais de comunidades rurais, pretendeu achegarse e dar a coñecer o oficio do afiador, sen dúbida, o máis coñecido da provincia de Ourense. Durante catro días (9, 10, 11 e 13 de Outubro de 2014) estudosos do tema chegados de diferentes campos profesionais e de moi distinta procedencia, ofreceron diversas visións sobre o aspecto profesional, antropolóxico e social do naceiro (afiador en barallete). Conferencias, mesas redondas, comunicacións, e saídas de campo percorrendo a xeografía ourensá, permitiron aos participantes obter unha ampla visión sobre o afiador e o seu mundo.
No congreso, que contou co recoñecemento de 30hrs./1Crédito ECTS, participararon profesores da Universidade como por exemplo Fátima Braña, González Reboredo, Álvaro Campelo ou Santiago Veloso, directores de museos etnográficos de Ourense como X. C. Sierra e do Museo da Cuchillería de Albacete, e outros moitos especialistas no tema. Dende Francia veu a filla de Bernard Bertrand na súa representación, estudoso do oficio no país galo, e dende Italia teremos unha comisión dos arrotinos do Val de Resia. No programa do Congreso proxectouse o documental A última viaxe do afiador, coa participación do seu director no posterior debate. Así mesmo, asistirona e participaron nas mesas redondas distintos profesionais que aportaron as súas experiencias.
Entre as saídas de campo cabe destacar a visita á Casa das rodas, a casa-museo que Florencio de Arborio deseñou na aldea de Arboiro, S. Xoan de Río, para expoñer a súa colección de máis de 200 rodas de afiar de todos os tipos.
Exposicións
Dende a creación do CCP Xaquín Lorenzo, unha das súas preocupacións foi a de dar a coñecer o patrimonio etnográfico galego, e un dos medios empregados para este fin é o de organizar exposicións con paneis informativos, material etnográfico, material didáctico, audiovisuais, etc., que se ceden en préstamo gratruíto a todas aquelas institucións que as soliciciten: colexios, asociacions, bibliotecas, museos, concellos, casas de cultura, etc. Estas son as exposicións disponíbeis: Os Museos Etnográficos de Ourense; O xogo do peón; O traxe tradicional galego; Os traxes do Entroido de Ourense; 40 anos do Museo do Pobo Galego; A olería tradiconal galega: Niñodaguia, Buño, Bonxe e Gundivós; e O carro galego.
Proxecto Ronsel
Colaboracións do CCP Xaquín Lorenzo co Proxecto Ronsel:
- Proxecto Ronsel 2007
- Proxecto Ronsel 2008
- Proxecto Ronsel 2009