logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Cinco compañías participarán no XII Festival de Títeres, que terá lugar do 17 ao 21 de agosto na explanada do Parque Municipal
Agosto 12, 2020
Corte de tráfico esta tarde na Rúa Aldara pola proxección da película Joker
Agosto 13, 2020
Categories
  • Cultura-gal
Tags
 

Concerto acústico gratuito de Sés este sábado, 15 de agosto, na Insua dos Poetas



ses_carvalhinho_final-724×1024

A Insua dos Poetas acollerá este sábado, 15 de agosto, ás 20,30 h., un concerto acústico de Sés, que será de balde ata completar o aforo, gracias ao patrocinio da consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Trátase dun evento organizado pola Fundación Insua dos Poetas, que conta ademais coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do concello do Carballiño, e que se celebrará con todas as medidas de separación e seguridade ante o coronavirus, polo que é obrigatorio acudir con mascarilla e lavar as mans con xel hidroalcólico.

Sés é o fenómeno musical dos últimos anos da escea galega. A chegada desta cantora coruñesa supuxo unha auténtica revolución que se plasma tamén en cifras, 7 discos en 9 anos, miles de copias vendidas, chegando a ter dous discos entre os máis vendidos do Estado.

Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest… Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións.

Un puñado de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista-compositora que canaliza toda a enerxía do escenario: María Xosé Silvar, autora de todas as cancións (letra e música), lidera Sés cun torrente de voz imposible, espontáneo e cheo de eclecticismo.

Neste concerto acústico, Sés estará acompañada polo guitarrista Tito Calviño.

Share

Related posts

Maio 21, 2022

Bo día familia y Divertiño. Plazo de inscripción do 23/05 ao 03/06


Read more
Abril 30, 2022

Teatro INFANTIL “Carabela” o 07/05/2022


Read more
Decembro 11, 2021

O cine club proxecta este venres e sábado a película Islandesa “Un blanco, blanco día”


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page