logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Corte de tráfico esta tarde na Rúa Aldara pola proxección da película Joker
Agosto 13, 2020
Renovación das coleccións de libros na biblioteca municipal
Agosto 14, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

Atópase a exposición pública a ordenanza regulador de publicidade no municipio do Carballiño



Atópase a exposición pública a ordenanza regulador de publicidade no municipio do Carballiño

A nova ordenanza ten por obxecto a regulación da difusión e repartición de publicidade no concello do Carballiño, establecendo un mecanismo sancionador para evitar a contaminación do medio ambiente, a suciedade, e desorde na vía pública e o establecemento de lugares habilitados polo concello para a colocación xeral de carteis no termo municipal.

A ordenanza refírese a carteis, pancartas ou calquera soporte publicitario colocado sobre o mobiliario urbano, muros, inmobles, zonas verdes e a vía pública, así como a publicidade comercial repartida directamente nas caixas de correo, ou para a entrega en man aos destinatarios.

Queda excluida a instalación de rótulos, bandeirolas e carteis luminosos nas fachadas, que indiquen denominación social de persoas físicas ou xurídicas, ou o exercicio de actividade mercantil, industrial, profesional ou de servizos que queden sometidos á concesión de licenza e o pagamento premio de taxa ao abeiro da lexislación urbanística. Tamén se exclúen os rótulos colocados nas obras en execución, a instalación de valos publicitarios na vía pública, que está sometido á correspondente Ordenanza Fiscal de ocupación de terreos da vía pública; a publicidade realizada polo propio concello, ou co consentimento deste, e as mensaxes publicitarias realizadas a través de vehículos, que queda regulada na vixente Ordenanza de ruidos e vibracións.

Na repartición domiciliaria de publicidade, deberá depositarse nas caixas de correo dos cidadáns, e/ou naqueles espazos que os veciños dispoñan para a súa colocación. E non se poderá depositar de forma indiscriminada ou en desorden as escaleiras ou na zona de acceso aos inmobles dende a vía pública.

Quedará prohibido a colocación de carteis, anuncios na vía pública, en edificios públicos, fachadas de inmobles, árbores, zonas verdes da vila, e mobiliario urbano en xeral, asi como botar material publicitario de xeito indiscriminado á vía pública, mediante a repartición manual de publicidade, e a colocación de carteis en terrazas, edificios, fachadas de inmobles, etcétera, tanto públicos como privados, que non sexan os habilitados para esta función polo concello. Tamén se prohíbe a publicidade cuxo contido atente contra a dignidade da persoa ou vulnere os dereitos recoñecidos na Constitución, especialmente no referente á infancia, xuventude, muller, sectores sociais marxinados, ou que supoña un risco para a saúde e seguridade dos consumidores.

A ordenanza establece un réxime sancionador que vai desde os 750 euros das infraccións leves, ata 1.500 euros nas graves, e 3.000 euros nas moi graves.

Unha vez que remate o período de exposición pública, que é de 30 días, e se resolvan as posibles alegacións que se presenten, a ordenanza entrará en vigor.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page