logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
Os últimos datos confirman o bo resultado das medidas tomadas no Carballiño polo covid: hoxe hai 9 persoas infectadas menos, baixando das 188 que había hai uns días, no pico desta segunda onda, ata as 157 actuais.
Outubro 27, 2020
Iniciado oficialmente o procedemento para adaptar os símbolos do concello á normativa de heráldica de Galicia
Novembro 3, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

Adxudicado o cambio do sistema lumínico da Avenida 25 de Xullo e Corzos por importe de 100.000 euros



av 25 xullo

O concello do Carballiño acaba de adxudicar o proxecto do cambio do sistema lumínico da Avenida 25 de xullo, así como da Rúa Telleira e da Travesía Fonte Barreiros, en Corzos. A adxudicación realizouse por un importe de 100.672 euros.

Este proxecto conta cuha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, que aporta o 80% mentres que o 20% restante lle corresponde ao concello do Carballiño. Asimesmo, houbo que asinar un convenio co concello de Maside, debido a que a zona de Corzos atópase nas lindes de ambos termos municipais.

O novo sistema lumínico da Avenida 25 de Xullo suporá volver a poñer en funcionamento as dúas luminarias que ten cada farola, xa que, debido ao gasto enerxético, só estaban en funcionamento as luminarias que dan á calzada, pero non as que dan ás beirarrúas.

Son, en total, 178 puntos de luz, cunha potencia total de 30.763,2 watios.

Este proxecto, no que se utilizarán luminarias led e outros elementos de última teconoloxía, enmárcase no Plan de Eficiencia Enerxética posto en marcha polo concello nestes últimos anos, e que supón un aforro considerable no consumo de enerxía.

OUTROS CAMBIOS

Así, téñense realizado cambios do sistema de iluminación pública no barrio de Toscaña, nas rúas Xullo R. Soto, Conde Vallellano, Ourense, Martínez Avellanosa, Otero Pedrayo, Galicia, Calviño e Avenida do Arenteiro, ademáis de no polígono industrial e no parque empresarial, entre outras.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page