logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
O concello adxudica a mellora do acceso e aparcamento das piscinas municipais e dúas obras de asfaltado no rural por máis de 93.000 euros
Outubro 23, 2020
Con dúas actividades nos colexios Calvo Sotelo e Vila do Arenteiro, rematan os obradoiros polas letras galegas
Outubro 27, 2020
Categories
  • Cultura-gal
Tags
 

Activide escolar con obradoiros alusivos ás letras galegas 2020 no colexio da Uceira



obradoiros

Comezaron esta semana os obradoiros nos centros educativos do Carballiño para conmemorar as Letras Galegas, que este ano se lle adican a Ricardo Carballo Calero, e que a Real Academia Galega aprazou para este mes de outubro.

Así, desenvolvéronse tres obradoiros no CEIP da Uceira para o alumnado de 5º de Educación Primaria sobre “Xoguetoloxía sen nada nas mans”: xogos bailados, xogos lingüísticos, xogos musicais… Unha sesión na que se compartiron unha serie de enredos e dinámicas que amosan unha parte do rico patrimonio lúdico galego, aquel que se crea e se recrea no cotiá, na participación grupal e social, na oralidade e na sinxeleza e humildade para o desenvolvemento e a expresión lúdica das persoas, sen nada nas mans e nos petos. A esta actividade escolar, que promove o Servizo de Normalización Lingüística do concello, asistiu a concelleira de Educación, Guadalupe Sobrado.

O luns, 26 de outubro, terá lugar o obradoiro Ernestina Otero, semente de igualdade, semente de liberdade. Este obradoiro creativo mestura a arte de contar contos coa arte de ilustralos e pintalos. Está dirixido a alumnado de 5 anos do CEIP Calvo Sotelo.

O martes, 27 de outubro, haberá outro obradoiro de taboleiros medievais no CPR Vila do Arenteiro para alumnado de 3º da ESO de 9,20 h a 11.00 h, no que descubriremos como se entretiñan e a que xogaban os/as nenos/as (e non tanto) na Idade Media, e como esa pegada quedou plasmada no legado artístico da comarca.

Finalmente, repartiranse 3.000 marcapáxinas entre escolares e veciños, que se poden recoller no Servizo de Normalización Lingüística do concello.

Share

Related posts

Maio 21, 2022

Bo día familia y Divertiño. Plazo de inscripción do 23/05 ao 03/06


Read more
Abril 30, 2022

Teatro INFANTIL “Carabela” o 07/05/2022


Read more
Decembro 11, 2021

O cine club proxecta este venres e sábado a película Islandesa “Un blanco, blanco día”


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD