logo_90x90logo_90x90logo_90x90logo_90x90
  • Áreas de goberno
    • Alcaldía
      • Saúdo do alcalde
    • Corporación municipal
    • Órganos colexiados
      • Xuntas de Goberno Local (XGL)
      • O Pleno
    • Transparencia
    • Normativa
    • Identidade corporativa
  • Perfil do contratante
    • Contratación ALCALDÍA
    • Contratación XGL
    • Contratación PLENO
  • Actualidade
    • Canle de vídeos
    • Novas
    • Próximos eventos
    • Sala de prensa
    • Turismo
  • Cidadán
    • Carpeta cidadana
    • Contáctenos
    • Incidencias
    • Suxestións
  • Sede electrónica
  • Galego
    • Galego
    • Español
  • Saúdo do alcalde
  • Xuntas de Goberno Local
    • Plenos da corporación
    • Corporación municipal
    • Grupo de goberno
✕
O concello programará unha ruta guiada de senderismo polo percorrido do Camiño Miñoto do Carballiño, tras culminar o seu acondicionamento
Setembro 15, 2020
O concello prosigue o acondicionamento da pista da Barreira
Setembro 18, 2020
Categories
  • Concello
Tags
 

A misa do San Cibrao do 17 de setembro culminarase cunha homenaxe ao parróco xubilado José Benito Sieiro



IMG-20200912-WA0002-734×1024

O concello do Carballiño renderalle unha homenaxe ao párroco recentemente xubilado, José Benito Sieiro González, este xoves, 17 de setembro, festividade de San Cibrao, ao termo da celebración da misa na honra do patrono do Carballiño. Estes actos terán lugar no templo da Veracruz. No acto de homenaxe o alcalde faralle entrega ao párroco xubilado dunha placa así como dunha reproducción en miniatura do templo da Veracruz.

CONCERTO DE LUAR NA LUBRE NA INSUA DOS POETAS

Debido á pandemia non haberá actos festivos durante estes días pero, dependendo das condicións metereorolóxicas, está previsto que se celebre na Insua dos Poetas o mércores 16 o concerto de Luar na Lubre.

Este evento está organizado pola Fundación Insua dos Poetas e conta o patrocinio da Xunta de Galicia, así como a colaboración da Deputación Provincial de Ourense e do Concello do Carballiño.

Terá lugar ás 19,00 h., con entrada libre ata completar o aforo. Será obligatorio o uso de máscara e o lavado de mans con xel hidroalcólico.

A apertura das portas terá lugar ás 18,00 h.

Luar na Lubre ofrecerá un concerto no que interpretará os temas do seu último dobre CD VIEIRAS E VIEIROS. HISTORIAS DE PEREGRINOS.

Trátase do 19º disco da banda, no que exploran os escritos, as lendas, as sonoridades e as pegadas que os peregrinos deixaron a través dos múltiples carreiros que conforman o Camiño de Santiago ao seu paso polo territorio galego. O factor humano da vía xacobea é o fío que tece un relato plural que abarca diversas épocas, voces e contextos.

Luar na Lubre naceu en 1986 na Coruña co obxectivo de dar a coñecer a música e a cultura galega. Despois de tres décadas de traxectoria, 18 discos publicados e máis de 1.500 concertos, o grupo, unha referencia a nivel internacional da música folk, situou a Galicia nos escenarios de máis de 30 países de todo o mundo.

A constancia e a fidelidade ao universo folk definen, desde os seus inicios, o traballo de Luar na Lubre. Desde a publicación de O son do ar (1988), tema que chegou a versionar Mike Oldfield, o grupo procurou o seu propio son, tendo como inspiración principal a música galega. Hoxe en día, cunha identidade propia recoñecida e consolidada, a música de Luar na Lubre forma parte non só do imaxinario, senón do patrimonio colectivo.

GRUPO FOLCLÓRICO CANTIGAS E AGARIMOS

Asimesmo, queda aprazada por causa da mela previsión meteorolóxica a actuación prevista para o venres, 18 de setembro, do grupo folclórico Cantigas e Agarimos no auditorio da praza da Veracruz.

Share

Related posts

Febreiro 28, 2022

Cartel 8M


Read more
Novembro 15, 2021

Cartel 25N


Read more
Outubro 29, 2021

Samaín do CIM


Read more

Deixa unha resposta Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Si tienes cualquier duda, llámanos

Teléfono: 988 530 007

Lunes - Viernes, 08:00 - 15:00

Dirección de contacto
Ayuntamiento
Plaza Maior 1, 32500 O Carballiño

LINKS DE AYUDA

Sede electrónica
Licitaciones alcaldía
Licitaciones jgl
Licitaciones pleno
Transparencia

CONCELLO DE CARBALLINO. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS
POLÍTICA DE PRIVACIDAD
  • No translations available for this page